Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CATRO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

15 Feb 2019

Son para pións de decota e monitor/a de tempo libre

O concello de Rairiz de Veiga fai pública no BOP do 15 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación,segundo decreto da alcaldesa con data 12/02/2018:
1) Pións de decotas
Número de prazas: 3
Denominación: pión de decota.
Contrato laboral a formalizar: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
Xornada: completa, 40 horas semanais, de luns a venres.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Duración do contrato: 3 meses.
Salario bruto mensual: 984,33 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
Prazo e lugar para presentación de solicitudes: 3 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 h a 14.30 h
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do Concello de Rairiz de Veiga https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info
2) Monitor/a de tempo libre
Número de prazas: 1.
Denominación: monitor/a de tempo libre.
Contrato laboral a formalizar: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
Xornada: media, 20 horas semanais, de luns a venres.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Duración do contrato: 8 meses.
Salario bruto mensual: 492,17 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
Prazo e lugar para presentación de solicitudes: 3 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 h a 14.30 h.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do Concello de Rairiz de Veiga https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info

Volver