Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CATRO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ

21 Xun 2019

Comporán a brigada antiicendios forestais

O concello de Paderne de Allariz fai público no BOP do 21 de xuño, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 4 postos de traballo de persoal laboral temporal, a publicación do resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (expediente 16/2019).
Número e denominación dos postos: 1 xefe/a de brigada, 1 pión condutor/a e 2 pións forestais da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Paderne de Allariz.
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo
Duración do contrato: 3 meses
Sistema de selección: concurso
Bases da convocatoria: poderanse consultar no taboleiro de edictos e na web do concello: http://padernedeallariz.sedelectronica.gal
Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Paderne de Allariz (Rioseco, nº 7, 32111, Paderne de Allariz), en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver