OFERTA DE CATRO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE ENTRIMO
Son para pións de servizos varios
O concello de Entrimo fai pública no BOP do 12 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación,segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 07/02/2020:
1.- Número e denominación das prazas: 4 pións de servizos varios
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a media xornada
3.- Duración do contrato: dous, doce meses e dous, seis meses
4.- Sistema de selección: concurso de méritos
5.- Retribucións totais: 554,17 €/mes (incluída pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es