Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CATORCE POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

10 Xul 2019

Son postos para a brigada forestal

O concello de Calvos de Randín fai públicas no BOP do 10 de xullo as seguintes convocatorias de contratacións:

Convocatoria para a contratación laboral de catro condutoras/es de motobomba, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 21-06-2019:
1º.- Número e denominación das prazas: catro de condutoras/es de motobomba.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º.- Duración do contrato: Tres meses.
4º.- Sistema de selección: Concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Convocatoria para a contratación laboral de dúas/dous capataces, dúas/dous pións condutores/as e seis pións, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 21-06-2019:
1º.- Número e denominación das prazas: dúas/dous pións condutores/as e seis pións.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º.- Duración do contrato: Tres meses.
4º.- Sistema de selección: Concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver