Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 8 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE BALTAR

11 Dec 2018

Son para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Baltar fai pública no BOP do 11 de decembro a convocatoria no proceso selectivo para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da Alcaldía con data 04/12/2018:
1.- Número e denominación das prazas: 8 auxiliares de axuda a domicilio.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (20 horas semanais).
3.- Duración do contrato: seis meses.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións brutas mensuais: 484,10 €/mes (incluídos pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Baltar, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal.

Volver