Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 5 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DO BOLO

28 Mai 2018

Formarán a brigada antiincendios forestais

O concello do Bolo fai pública a convocatoria para a contratación laboral dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2018, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 2 de maio de 2018 pra os postos de xef@ de brigada, pión-condutor/a e 3 pións. A modalidade de contratación será contrato laboral a xornada completa cunha duración de 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos e entrevista. As bases da convocatoria están nas oficinas municipais, www.obolo.es , http://obolo.sedelectronica.gal
O lugar e prazo de presentación de instancias deberase facer no rexistro xeral do concello do Bolo no prazo de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación no BOP.

Volver