Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 5 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE RIOS

26 Xun 2019

Traballarán na brigada antiincendios forestais

Anuncio de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo:

1 xefa/e de brigada de prevención e extinción de incendios forestais,1 pión-condutor/a de prevención e extinción de incendios forestais e 3 pións de prevención e extinción de incendios forestais. A alcaldía, mediante resolución con data 21 de xuño do 2019, aprobou as seguintes bases:

Selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 1 xefa/e de brigada de prevención e extinción de incendios forestais, 1 pión-condutor de prevención e extinción de incendios forestais e 3 pións de prevención e extinción de incendios forestais. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello ou na páxina da súa sede electrónica: concelloderios.sedelectronica.gal

Volver