Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 3 PRAZAS TEMPORAIS NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO

22 Mai 2018

Son para un/ha chofer de rozadora e 2 operari@s de servizos múltiples

O concello de Xunqueira de Espadañedo fai pública no BOP do 22 de maio a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para as prazas dun/ha chofer de rozadora e 2 operari@s de servizos múltiples. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo e a duración do contrato de 3 meses dende a sinatura do contrato para o chofer e 4 meses dende a sinatura do contrato para as/os operarias/os. Pra o sistema de selección optaron polo concurso de méritos e entrevista. O prazo de presentación de solicitudes é de seis días naturais contados dende o seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia. O lugar de presentación de solicitudes é o rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello de Xunqueira de Espadanedo, en horario de oficina.

Volver