Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 25 POSTOS DE TRABALLO NA MANCOMUNIDADE DE SANTA AGUEDA

15 Xun 2017

Formarán cinco brigadas antiincendios forestais

A mancomunidade de concellos Santa Agueda fai pública no BOP do 15 de xuño a convocatoria para a selección de vinte e cinco traballador@s para as brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais. O detalle da convocatoria é o seguinte:

1. Número de prazas: 25 (Convenio de colaboración coa consellaría do Medio Rural e do Mar).
• 5 xef@s de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
• 5 pións condutores de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
• 15 pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
2.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
3.- Xornada: completa
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Duración do contrato: 3 meses.
6.- Prazo e lugar para presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no BOP de Ourense (15/6/17), no rexistro xeral da mancomunidade de concellos Santa Águeda, en horario de 9.00 a 14.00 horas. (Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte).
7.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios da sede da mancomunidade e nos respectivos concellos, así como nas páxinas web destes

Volver