Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 15 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE ENTRIMO

07 Mar 2019

Fai públicas tres convocatorias

O concello de Entrimo fai públicas tres convocatorias no BOP do 6 de marzo pra 15 postos de traballo. Son para 1 chófer de máquina rozadora, 4 pións e 10 traballador@s para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade. As convocatorias son as seguintes:

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía de data 28/02/2019:

1.- Número e denominación das prazas: un/ha chofer de máquina rozadora.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.

3.- Duración do contrato: 6 meses.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións totais: 1.050,00 €/mes (incluída pppe).

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

 

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía da data 28/02/2019:

1.- Número e denominación das prazas: 4 peóns de servizos varios.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a media xornada.

3.- Duración do contrato: dous doce meses e dous 6 meses.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións totais: 525,00 €/mes (incluída pppe).

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es.

 

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía de data 28/02/2019:

1.- Número e denominación das prazas: dez traballador@s para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a media xornada.

3.- Duración do contrato: tres meses.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións totais: 525,00 €/mes (incluída pppe).

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

Volver