Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 13 POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO

09 Xun 2018

Formarán dúas brigadas forestais

O concello de Montederramo fai público no BOP do 9 de xuño a convocatoria para as contratacións laborais, segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía de data 5.06.2018, para 13 prazas (2 xef@s, 2 pións-condutor@s, 6 pións forestais e 3 condutor@s VMB), para as brigadas de incendios 2018. A modalidade de contratación é laboral temporal. A duración do contrato será de tres meses, e o sistema de selección por concurso. O prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles dende a publicación no BOP, no rexistro do concello de Montederramo, de luns a venres, das 09.00 ás 14.00 h ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das AAPP. O texto íntegro das bases de contratación está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web: www.montederramo.es

Volver