Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 13 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE VERÍN

28 Mai 2018

Son para monitor@s e coordinador/a de Ludoteca

O concello de Verín fai públicas as bases pra contratación de 12 monitoras/es de ocio e tempo libre, e 1 coordinador/a para a ludoteca de verán 2018. Para os postos de monitor@s de ludoteca Presentarase unha única solicitude e as prazas outorgaranse segundo o posto que ocupe cada candidato tras o proceso de selección. Os postos 1º a 8º serán contratados como Monitor Ludoteca Verán Duración do contrato: 25/06/2018 até o 15/09/2018 . Posto 1º e 2º: parcial - 6 horas/día; Posto 3º a 8º: parcial - 4 horas/día; Os postos 9º a 11º serán contratados como Monitor Campamento Invernadoiro. A duración do contrato: 20/08/2018 até o 31/08/2018 a xornada Completa - estancia en Campamento. O posto 12º será contratado como Monitor Campamento Invernadoiro, sendo a duración do contrato: 20/08/2018 até o 26/08/2018 a xornada completa con estancia no campamento. Se algún/ha candidato/a únicamente desexa ser contratado/a como Monitor/a Ludoteca ou Monitor/a Campamento (nun único posto e non participar nos dous) deberá indicar esta circunstancia na solicitude; en caso contrario as prazas ofertaranse segundo o posto que ocupen tras a baremación, non podendo, posteriormente, elexir entre os postos.

Se queres descarregar as bases dos procesos abre os pdf que están debaixo da fotografía

Volver