Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 10 PRAZAS NO CONCELLO DE LAZA

12 Xun 2017

Formarán as dúas brigadas antiincendios forestais deste verau

O concello de Laza fixo público no BOP do 12 de xuño o anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo: 2 xef@s de brigada, 2 pións-condutores/as e 6 pións. A alcaldía mediante a resolución do 5 de xuño de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente ós postos arriba relacionados. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP (12/06/17). As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no concello.

Volver