Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE PION NO CONCELLO DA TEIXEIRA

21 Nov 2017

Trátase dun contrato temporal

O concello da Teixeira, por resolución do alcalde con data 17 de novembro de 2017, publica no BOP do día 21 de novembro a aprobación das bases para a selección e posterior contratación dun peón de servizos varios. A duración do contrato que será por servizo determinado abranguerá dende 01.12.2017 até o 31.12.2017. A clase de persoal é  laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes farase nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (21/11/17), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información das bases da convocatoria que poderán ser consultadas na páxina web concelloateixeira.org ou no concello da Teixeira, en horario de oficina.

Volver