Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O XULGADO DO PENAL CONDEA AO ALCALDE DE XINZO POR PREVARICACIÓN A 8,5 ANOS DE INHABILITACIÓN

01 Mar 2018

A sentenza foi publicada o 1 de marzo

A titular do Xulgado do Penal número 1 de Ourense resolveu, na mañá de hoxe, na súa sentenza do 1 de marzo, condear ao Alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez Rodríguez, como autor dun delicto continuado de prevaricación, impóndolle unha pena de 8 anos e 6 meses de inhabilitación especial para emprego ou cárrego público.
No proceso, a CIG interveu como acusación popular, ficando demostrado, tal e como denunciou o sindicato, que se estaban a levar a cabo contratacións “a dedo” obviando o dereito á igualdade de oportunidades de todos os cidadáns/ás no acceso ao emprego público, ao “enchufar” a persoas afíns ao partido popular.
A xuíza, María Blanca Díez, no FD 4º da sentenza, indicou que o Alcalde procedeu á contratación de traballadoras/es, a sabendas de que faltaba a publicidade de ditos contratos para que calquera persoa puidese acceder aos mesmos dacordo cos principios de mérito e capacidade, requisitos básicos de calquera contratación pública. Do mesmo xeito tamén sinalou que “procedió a la contratación, a pesar de haber sido informado, verbalmente y/o por escrito, tanto por parte de la Secretaría del Concello como por parte de la Intervención del Concello, del incumplimiento en el procedimiento de selección de los principios constitucionales por los que el mismo se debe regir”.
A sentenza ofrece a posibilidade de recurso de apelación perante a AP d’Ourense.
Recórrase ou non se recorra por parte do condeado o que é indiscutíbel, por unha banda, é que o expartido do Alcalde, que hai tempo que abandonou a Antonio Pérez Rodríguez á súa sorte, probabelmente, xa teña decidida quen vai ser a súa sucesora/or e, por outra, que o Alcalde condenado, sendo o autor penalmente responsábel do delicto, non é o único, nen o mais importante, gobernante popular que incorre niste tipo de comportamentos nas AAPP. O proprio Pérez Rodríguez, declarou durante o xuízo oral que el fixo durante a súa etapa de Alcalde o que ollou que fixeran outros e o que constatou que facían algúns.
Finalmente, como cuestión incidental, debemos pór en destaque o “sorprendente” feito de que o resultado da resolución fora filtrado onte día: 28/02/18 a algúns medios de comunicación, cando a sentenza leva data do día de hoxe: 1/3/18. É dicer, algúns medios dispuñan da resolución antes de que esta fora ditada !!

Volver