Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O TSXG confirma a sentenza que condena ao Concello de Verín a repetir o proceso de selección da auxiliar da biblioteca

22 Mai 2009

A CIG-Verín amosa a súa fonda satisfacción polo fallo xudicial

Con cáracter previo, ás valoracións a expor ao redor diste asunto, procede que fagamos unha breve escolma dos feitos que antecederon a esta decisión xudicial:

1º.- A CIG impugnou no ano 2006 a adxudicación dunha praza de Auxiliar de Biblioteca, por parte do Concello de Verín, ao considerar que non se tiña actuado consonte co procedimento legalmente estabelecido: vulnerarase da garantía de anonimato; anularanse improcedentemente as decisións do Tribunal; contravirase o principio de especialidade, ao non incluir a un membro especialista en bibliotecas, etc.

2º.- Como consecuencia diste impugnamento o grupo de goberno do Concello de Verín, conformado por BNG, PSOE e VER-IN, esgazouse, saíndo do mesmo o BNG.

3º.- O 28 de Novembro do 2006, o Xulgado Contencioso nº 2 de Ourense, resolveu o preito plantexado pola CIG, fallando na sua contra, en base á que consideraba que a CIG carecía de LEXITIMACIÓN PARA PODER IMPUGNAR.

4º.- O 28 de Novembro do 2007, o TSXG, acollendo un recurso de apelación da CIG, declarou a lexitimación da central para impugar e ordeou ao Xulgado de Ourense, ditar nova sentenza, entrando no fondo da cuestión.

5º.- O 17 de Marzo do 2008, o Xulgado Contencioso nº 2 de Ourense, en cumprimento da orde dada polo TSXG, ditou nova sentenza declarando NULO DE PLENO DEREITO o Decreto da Alcaldía do Concello de Verín, de data 29 de Xuño do 2006 e, consecuentemente, parte do proceso selectivo convocado o 23/12/05; ordeando retrotraer as actuacións ao momento anterior ao da celebración da 1ª proba da fase de oposición, que deberá repetirse, así como adoutarse as medidas precisas para garantir o anonimato dos aspirantes na corrección das probas e para integrar no Tribunal de Selección, cando menos, a un técnico/a na materia obxecto dos exames.

"Profunda satisfacción" da U.L de Verín 

Pois ben, a Unión Local da CIG de Verín, debe manifestar a sua profunda satisfacción polo fallo xudicial, posto que conseguimos, coa acción emprendida, pór as cousas no seu sítio e, dacordo coa función sindical, forzar o cumprimento do principio de igualdade de oportunidades de todos os participantes.

Asemade, cabe sinalar que o resultado deste fallo vai proporcionar, a todos os participantes no proceso selectivo, unha nova oportunidade de optar, desta volta en igualdade de oportunidades, á praza de auxiliar de biblioteca. E con ise obxectivo, requirimos que o Concello de Verín para que execute de xeito IMEDIATO E VOLUNTARIO a sentenza do TSXG; porque, además de ser xa o momento procesual para facelo, canto mais tempo deixe pasar, mais graves, económicamente falando, han ser as consecuencias patrimoniais da irreguliriedade cometida pola institución local. Nótese que, ademais do sindicato (que o está a estudar), hai outros prexudicados que poden reclamar indemnizacións á administración municipal verinesa, polos danos e prexuízos ocasionados dende o ano 2006.

Volver