Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza anula os Orzamentos do Concelho de Verín pro ano 2011, umha semana despois de seren anulados os do 2010

26 Mar 2014

O Alcalde-senador, Jiménez Morán, suma e segue. 5ª condena ao Concelho de Verín, por violación de dereitos fundamentais: neste caso do dereito á liberdade sindical

Logo da 4ª ven a 5ª e as que lhe restan ! O senhor Jiménez Morán embalado cara o éxito. Non hai umha semana que o Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 d'Ourense anulaba os Orzamentos do Concello de Verín pro ano 2010, por violación do dereito á defensa, cando xa temos umha nova reprobación xudicial para a política de Morán e esta do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Con que técnica de escapismo nos agasalhará, agora, o noso ilustre senador ?  Seguerá mantendo que nunca violou dereito fundamental algún ? Continuará a soster que a culpa de todo é da CIG por conseguer (sabe deus conque artes) que o mais alto Tribunal Galego reprobe, umha e outra vez, a súa política ?  Parece xolda, mais isto só pasa aquí e ven demostrar a baixísima cualidade do que chamamos sistema democrático. O responsábel de violar todo tipo de dereitos, nunca paga, porque paga a cidadanía e, por riba, permítese a demagoxia de criminalizar á vítima. O mundo ao revés ! Fagamos memoria do que tenhen resolto os Tribunais:

O 12 de Maio do 2011, o Xulgado Contencioso nº 1 d'Ourense (PEPDF 20/2011), estimando o recurso interposto pola CIG, anulou un Decreto do Alcalde de Verín, polo que se prohibía á CIG o uso de megafonías pra difundir a folga xeral do 27/01/11. A causa da anulación foi a violación dos dereitos fundamentais á liberdade de expresión e á liberdade sindical.

O 26 d’Outubro de 2011, a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, declarou a nulidade do Orzamento Xeral do Concelho de Verín, do exercicio 2009, por violación, neste caso, do dereito á negociación colectiva e á liberdade sindical da CIG.

O 30 d'Outubro de 2013, o Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 d'Ourense (PEPDF 379/2012), anulou un Decreto do Alcalde de Verín, por violar o dereito á liberdade de expresión da central sindical, ao ordear a retirada imediata de varias pancartas.

O 28 de Xaneiro do 2014, O Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 d'Ourense (P.O. 351/2010), anulou o Orzamento Xeral do Concelho de Verín pro exercicio 2010, obrigando a institución a resolver as alegacións da CIG e reconvocar o pleno de aprobación orzamentaria.

O democrático sería que o Partido Popular movese ficha, apartando a Jiménez Morán das súas responsabilidades de goberno, ao acreditarse que non sabe exercelas con prudencia, diálogo e equidade. Mais, con toda seguridade, aínda o protexerán e dirán que a culpa das violacións dos dereitos fundamentais é do estrés que lhe xera a presión de gobernar baixo á fiscalización da CIG.

 

Volver