Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O SERGAS PROPON-SE DESMANTELAR O SERVIZO DE COCIÑA NO HOSPITAL DE VERÍN

18 Xul 2019

Están en xogo 12 postos de traballo

Dende A CIG Verín-A Limia queremos alertar publicamente da nosa preocupación polos propósitos do Sergas dirixidos a desmantelar o servizo de cociña no Hospital de Verín, pondo en perigo os 12 postos de traballo que a día de hoxe se encargan do servizo, ao mesmo tempo que a calidade na alimentación dos usuarios/as.

Dende hai meses, o SERGAS ven preparando o desmantelamento do servizo de cociña de custas aos traballadores/as e usuarios/as do mesmo.


Nos últimos días, os movementos realizados apontan a que, en breve, as comidas do Hospital de Verín serán elaboradas en locais da cidade d’Ourense e transportadas a Verín en carros quentes e fríos para o seu posterior reparto entre os usuarios/as do centro hospitalario.

Infelizmente, temos comprobado en múltiplas ocasións que o obxectivo da Xunta de Galiza en materia sanitaria non consiste, precisamente, en garantir o funcionamento duns servizos públicos de calidade, senón en todo o contrario. Quen nos está a gobernar aposta por aparecer nas estatísticas estatais como a Comunidade Autónoma máis aforradora do Estado, aínda que isa aposta supoña a destrución e a precarización de servizos públicos tan esencias como o servizo de alimentación nos hospitais, antepondo os intereses económicos ao benestar dos cidadáns/ás.

Dende a CIG reclamamos á Dirección do Sergas que se pronuncie publicamente sobre o tema e aclare cais son as súas intencións !!!

No caso de que non se paralice dito desmantelamento, dende a central sindical fara-se un chamamento á mobilización dos traballadores/as e viciños/as da comarca de Monterrei !!!

Volver