Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O SERGAS ESTÁ A DESMANTELAR A ASISTENCIA SANITARIA NA ÁREA DE VERÍN

22 Abr 2015

A mala xestión levada a cabo pola Xerencia do SERGAS está a producir deminución de recursos de persoal, colapsos en urxencias e inoperatividade do PAC

A CIG-Saúde denunciou onte a situación na que se atopa a atención sanitaria na comarca de Verín derivada da "mala xestión" levada a cabo desde a Xerencia do área en Ourense.

O Sergas duplicou a poboación de referencia do Hospital de Verín ao incorporar a atención da poboación de Xinzo, tendo asumido anteriormente a zona de Sanabria, mais deminuindo os recursos disponhíbeis. Esta situación está provocando un aumento da actividade asistencial nas áreas de hospitalización, cirúrxicas, consultas e urxencias causando "colapsos" nos servizos de urxencias e a "inoperatividad" do PAC, ante a decisión de dita Xerencia de trasladar as urxencias do centro de Verín ao Hospital.

Ademais dun problema de espazo físico, a situación agrávase cunha redución de persoal. Nos últimos tempos a Xerencia eliminou efectivos sanitarios de medicina interna, xinecólogo e reduciuse a xornada do farmacéutico do centro de saúde.

Asemade, elimináronse no Hospital de Verín tres postos de administración e existen fundadas sospeitas de que se supriman dous máis no servizo de admisión.

Por outra banda,o estado do material está numha moi deficiente situación. No último mes estragouse umha torre de anestesia que non foi reposta nin arranxada; decisión que obriga a manter pechado un dos tres quirófanos operativos no hospital.

Iste é o resultado dos talhazos aos servizos públicos e da nefasta xestión do Partido Popular

 

Volver