Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O POVO DE VERIN REPARA A DEBEDA COAS VITIMAS E RESISTENTES AO FRANQUISMO

07 Ago 2015

Nun emocionante acto de Homenaxe a Corporación verinesa, por unanimidade, repara umha inxustiza histórica

Onte a Corporación Municipal de Verín reparou, por unanimidade e a petición da nosa central sindical, umha inxustiza histórica coas vítimas, represaliados/as e resistentes ao franquismo, outorgando honeres e distincións a todos os que padeceron sufrimiento, expoliación e morte por culpa do réxime fascista do xeneral Franco.

Dende a CIG felicitamos ao povo de Verín e aos seus partidos políticos (PSOE, BNG e PP) polo acto de reparación que tivo lugar onte na nosa vila.

Pola nosa banda, queremos anunciar que, con toda seguridade, habemos promover umha ASOCIACIÓN DA MEMORIA NA COMARCA DE MONTERREI, pra que, todos os anos, poidamos lembrar a quen, aínda hoxe, nen o Estado, nen a Xunta de Galiza tenhen dignificado: aos resistentes pola liberdade e a democracia.

Obrigado a todos e todas !!!

Volver