Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O SERVIZO DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS FAI PÚBLICO O CALENDARIO DE PROBAS FÍSICAS E DE AGUDEZA VISUAL

20 Abr 2016

As probas realizaranse entre os días 3 e 4 de maio

A consellaría do medio rural convocou para os días 3 e 4 de maio as probas físicas e de agudeza visual das persoas incluídas nas listaxes de contratación temporal para o persoal do SPDCIF, á que @s aspirantes deberán acudir á realización da mencionada proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico, agás aqueles aspirantes convocados só para realizar a proba de agudeza visual, os cales deberán acudir á proba provistossoamente do DNI. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

Desglosan a realización das probas en función da letra do apelido, sendo as probas do 3 de maio os que o seu apelido comece por A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K; e o 4 de maio os que o seu apelido comece por L-M-N-Ñ-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z.

O lugar para facer as probas en OURENSE é o PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA COMISARÍA DE POLICÍA- As Lagoas s/n- OURENSE

Poderás comprobar hora da proba, así como unha vez rematadas as mesmas, poderás ver os resultados incluíndo o teu DNI na web http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/forestal/incendios_forestais/probas_fisicas_e_de_agudeza_visual/

Volver