Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O persoal laboral do Concello de Vilariño de Conso inicia unha folga indefinida coa nova inesperada da dimisión do alcalde

09 Xun 2009

Os traballadores e traballadoras reclaman que se avance na negociación do convenio

O venres, día 5 de xuño, o rexedor municipal decretou unilateralmente, sen negociación de ningún tipo, os servizos mínimos para esta Folga. Diante desta actuación, a Confederación Intersindical Galega interpuxo, o luns 8, perante o Xulgado Contencioso Administrativo de Ourense, un recurso contra ese decreto de servizos mínimos, con solicitude de suspensión cautelarísima dos mesmos, convocando ao Alcalde do Concello para as 17:30 horas do martes, 9 de xuño, co obxecto de negociar a designación das persoas concretas que ocuparán os postos de servizos mínimos.

Non obstante, ás 09:00 horas comunicouse aos traballadores/as que Arcadio González tiña presentado a súa dimisión como Alcalde-Presidente do Concello de Vilariño de Conso, sen renunciar por elo, a acta de concelleiro. Así as cousas, dende a CIG e os traballadores/as agárdase agora un informe da Secretaría do Concello de Vilariño de Conso que determine a legalidade dunha posible sinatura do Convenio polo Alcalde en funcións.

De resultar imposible esta sinatura, indican dende a CIG de Verín, a Asemblea de traballadores decidiu que se suspenderá temporal a folga ata que o Pleno Municipal se reúna para a elección da persoa que designará como Alcalde, e deste xeito teñamos un interlocutor válido na Mesa Xeral de Negociación.

En calquera caso, a CIG e os/as traballadores/as, advertiron da “nosa máis firme intención de continuar coa Folga convocada se o/a futuro/a alcalde/alcaldesa non mantén unha posición de respecto pola liberdade sindical e nos garanta a estabilidade no posto de traballo”.

Volver