Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O IES GARCÍA BARBÓN DE VERÍN ABRE O PRAZO PARA A MATRÍCULA EN DIFERENTES ESPECIALIDADES DE FP

21 Mai 2018

Resaltan a inserción laboral acadada por cursos anteriores

O IES García Barbón de Verín abre o prazo de preinscripción para o vindeiro curso escolar en cinco especialidades de Formación Profesional. Son C.M de Auxiliar de Enfermeiría, Electricidade de Veículos Automáticos, Mantemento Electromecánico, Xestión Administrativa e Administración e Finanzas. Sinalan que a Formación Profesional é un itinerario formativo que prepara de xeito práctico para insertarse no mercado laboral; con ela acádase unha titulación oficial de Técnico ou de Técnico Superior e que as súas clases son prácticas baseadas no traballo que se desenvolverá no futuro laboral e que máis do 70% do alumnado acada traballo ó rematar as prácticas. Tamén indican que se pode acceder á universidade despois de cursar istes estudos coa vantaxe de ter dous títulos oficiais por esta vía.

SE QUERES TER MÁIS INFORMACIÓN ABRE OS PDF QUE ESTÁN DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver