Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O FEMINISMO GALEGO CONVOCA CONCENTRACIÓNS O VENRES 20 DE XULLO REXEITANDO Á VIOLENCIA MACHISTA

19 Xul 2018

En Ourense será ás 20 horas na castañeira

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este venres 20 de xullo, en varias localidades do país, en repulsa ao feminicidio de María Judite Martins Alves, de 57 anos, degolada polo seu marido na Coruña.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

CONCENTRACIÓNS:
A Coruña, 20h no Obelisco
Compostela, 20h Praza 8 Marzo
Ferrol, 20h diante do Concello
Betanzos, 20h diante do Concello
As Pontes, 20 h Praza do Hospital
Ponteareas, 21:30 h diante dos Xulgados
Ourense, 20h na Castañeira
Lugo, 20h diante do Concello
Ribadeo, 20:30h Praza 8 de marzo
Viveiro, 20 h Praza da Fontenova
Pontevedra, 20h diante da Audiencia Provincial
Vigo, 20h no Marco

Volver