Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONSELLO DE TURISMO DA RIBEIRA SACRA OFERTA UN POSTO DE INFORMADOR/A TURÍSTICO

31 Mai 2018

É unha praza laboral temporal

En relación á contratación dun/dunha INFORMADOR/-RA TURÍSTICO/-A en réxime de persoal laboral-temporal, de conformidade á resolución da Axencia de Turismo de Galicia publicada no DOG nº 22 do 31/01/2018, pola Presidencia ditouse Resolución en data de 29 de maio de 2018 pola que se establece:
PRIMEIRO.- Perfil requirido: estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:
Técnico/a superior en información e comercialización turística.
Técnico/a superior en guía, información e asistencia turística.
Técnico/a en empresas e actividades turísticas.
Grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado
SEGUNDO.- Réxime: Laboral-temporal
Data inicio: 15/06/2018 (inclusive)
Data fin: 15/09/2018 (inclusive)
Xornada: 6 h/día de luns a sábado
TERCEIRO.- Os criterios de valoración están a disposición de calquera persoa interesada na contratación na sede administrativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ou en www.ribeirasacra.org/turismo
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 6 de xuño de 2018 (inclusive)
LUGAR: Sede de Presidencia (Concello de Sober) ou Sede Administrativa (concello de Nogueira de Ramuín)
HORARIO: 9:00 a 14:00 h de luns a venres
MODELO SOLICITUDE: Facilítanse nas sedes ou en www.ribeirasacra.org/turismo

Volver