Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DOS BLANCOS OFERTA DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

09 Xun 2018

Trátase dos postos para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios

O concello dos Blancos, por decreto da alcaldía con data de 26 de abril de 2018, publicou no BOP do 9 de xuño a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do medio rural e do mar e o concello dos Blancos para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa. Os postos son para dous/dúas xefes/as de brigada, dous/dúas pións- condutor con carné B e seis peóns de brigada. A duración do contrato será de tres meses, e a clase de persoal, laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes farase nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello dos Blancos en horario de oficina.

Volver