Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DOS BLANCOS OFERTA 16 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

20 Xun 2019

Formarán as brigadas antiincendios forestais

O concello dos Blancos fai público no BOP do 20 de xuño as convocatorias dos postos para dúas/dous xefas/es de brigada, dúas/ dous pións condutoras/es con carné B, seis peóns de brigada, catro pións forestais e dúas/dous tractoristas.

Por decreto da alcaldía, con data do 18 de xuño do 2019, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadoras/es para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do medio rural e do mar e o concello dos Blancos para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.
Denominación dos postos: dúas/dous xefas/es de brigada, dúas/dous pións condutoras/es con carné B e seis pións de brigada
Duración do contrato: tres meses
Clase de persoal: laboral temporal
Prazo de presentación de solicitudes: nos tres días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Inclúese máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello dos Blancos en horario de oficina.

Por decreto da alcaldía, con data do 18 de xuño de 2019, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de catro traballadoras/es no posto de pións forestais, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do medio rural e do mar e o concello dos Blancos para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.
Denominación dos postos: catro peóns forestais
Duración do contrato: tres meses.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: nos tres días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no concello dos Blancos en horario de oficina.

Por decreto da alcaldía, con data do 18 de xuño de 2019, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dúas/dous traballadoras/es para o posto de tractorista, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do medio rural e do mar e o concello dos Blancos para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.
Denominación dos postos: dúas/dous tractoristas.
Duración do contrato: tres meses.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: nos tres días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Inclúese máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello dos Blancos en horario de oficina.

Volver