Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DOS BLANCOS ANUNCIA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

07 Abr 2016

O anuncio publícase no BOP do 7 de abril

O concello dos Blancos fai público un anuncio no Boletín Oficial da Provincia no que se lle da publicidade , por resolución da alcaldía con data 1 de abril de 2016, a aprobación das bases reguladoras que han de rexer a convocatoria do proceso de selección para cubrir 1 praza de auxiliar de axuda a domicilio, en réxime laboral, polo sistema de concurso, así como a constitución da bolsa de traballo. A duración do contrato será de 6 meses, en réxime de persoal laboral temporal. A xornada de traballo será de 30 horas semanais, de luns a domingo, fixando dous días de descanso. O horario de traballo será de mañá e tarde. A retribución bruta será de 676,86 €, mensuais incluída a parte proporcional da paga extra. As solicitudes coas que se requira participar nas correspondentes
probas de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais para a praza que se opte, dirixiranse ao alcalde do Concello dos Blancos, e presentaranse no Rexistro de entrada deste concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992, no prazo de quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. As bases   reguladoras das probas selectivas poderán consultarse no taboleiro de edictos do Concello dos Blancos
Contra estas bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpor, alternativamente, ou un recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio, ante a Alcaldía deste Concello dos Blancos, de conformidade cos artigos 116 e 117 de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor un recurso de reposición potestativo, non poderá
interpor un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso é sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

Volver