Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

05 Dec 2019

Será para persoal laboral temporal e bolsa de reserva para os anos 2020 – 2021

Publicadas no BOP do 5 de decembro as bases que rexerán a selección de persoal laboral temporal e creación dunha bolsa de reserva para os anos 2020 – 2021 no Concello do Pereiro de Aguiar. A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria realizada o día 29 de novembro de 2019, aprobou as bases que rexerán a selección de persoal laboral temporal e creación dunha bolsa de reserva para os anos 2020 – 2021 no Concello do Pereiro de Aguiar. As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Volver