Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

08 Xun 2018

Faina para a categoría de limpador/a

O concello do Pereiro de Aguiar fai públicas no BOP do 8 de xuño as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego para os exercicios 2018-2019. Son para a categoría profesional de limpador/a de instalacións municipais. A xunta de goberno local, na sesión realizada o día 5 de xuño de 2018, aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello do Pereiro de Aguiar para os exercicios 2018-2019. Categoría profesional: limpador/a de instalacións municipais. As ditas bases están publicadas na sede electrónica, no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e entrarán en vigor ao día seguinteda publicación no BOP. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, na sede electrónica, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Volver