Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO IRIXO OFERTA DEZ POSTOS DE TRABALLO

13 Xul 2019

Trátase de contratos de 3 meses de duración

O concello do Irixo fai público no BOP por decreto da alcaldía, con data 9 de xullo do 2019, a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadoras/es para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do Medio Rural e o concello do Irixo para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais. Número e denominación das prazas: 2 brigadas para a prevención  e defensa contra incendios forestais (2 xefas/es de brigada, 2 condutoras/es e 6 pións). Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. Duración do contrato: 3 meses. Sistema de selección: concurso-oposición. Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación no BOP do anuncio de convocatoria, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases especificas de convocatoria, que poderán ser consultadas no concello do Irixo en horario de oficina e na sede electrónica: http://oirixo.sedelectronica.es/

Volver