Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO CARBALLIÑO OFERTA TRES POSTOS TEMPORAIS DE DOCENTES NO CONSERVATORIO

22 Xun 2018

Asemade, abre a bolsa de emprego

O concello do Carballiño fai públicas no BOP do 22 de xuño, conforme ás bases reguladoras para procesos selectivos e configuración de bolsas de emprego do concello do Carballiño, aprobadas pola resolución da concellería delegada de Persoal con data 13 de marzo de 2017, convócanse os postos de traballo para tres docente conservatorio municipal- especialidades guitarra-violín e frauta traveseira.O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral do concello ou en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE 02.10.2015). As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse nun sobre aberto para que sexan seladas e datadas polo funcionario de correos antes de seren certificadas. E de presentarse nun rexistro distinto do Rexistro Xeral municipal será obrigado comunicar por fax ao concello a presentaciónde dita instancia, así como a xustificación, de ser o caso, do pagamento das taxas efectuado e sempre dentro do prazo de presentación de solicitudes. No referente ás taxas e as bonificacións relativas ás mesmas estarase no disposto na Ordenanza reguladora da taxa por dereitos de exame do Concello do Carballiño publicada no BOP n 298, do 30 de decembro de 2017. O resto da información pode consultarse no taboleiro de anuncios e/o una páxina web municipal www.carballino.gal

Volver