Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO CARBALLIÑO OFERTA 4 PRAZAS DE AUXILIAR DE POLICÍA LOCAL

01 Abr 2016

Trátase de contratos laborais temporais cunha duración de 4 meses

O concello do Carballiño fai público no BOP de hoxe un anuncio promovendo a contratación laboral temporal de 4 prazas de auxiliares de policía local a xornada completa, cunha duración de 4 meses. O procedemento será por oposición e está exento de taxas.

Os requisitos a cumprir son os seguintes:
• Titulación: graduado escolar, graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) ou equivalente
• Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida exercer a función propia para desenvolver.
• Ademais dos requisitos sinalados neste anuncio, deberán cumprirse os demais que se establecen nas bases reguladoras do proceso selectivo.
O prazo para a presentación de solicitudes é de 5 días naturais a partir da publicación no BOP (1/04/2016)

(Se a instancia se presentase nun Rexistro distinto do Rexistro Xeral do Concello (ao amparo do artigo 38.4 da Lei
30/1992, do 26 de novembro, será obrigatorio comunicar por fax ao concello a presentación desta instancia, así como xustificación do pago das taxas efectuado, comunicación que deberá realizarse dentro do prazo dos 2 días naturais anteriormente sinalados.) (O número de fax do concello é 988 530 008. A comunicación do fax deberá dirixila ao alcalde ou a secretaría).
A web do concello: www.carballino.org, enderezo Plaza Maior, 1, 32500 O Carballiño, Ourense e teléfono 988 530 007

Volver