Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO CARBALLIÑO CREA UNHA BOLSA DE TRABALLO

24 Out 2017

É para orientador@s laborais

O concello do Carballiño fai público hoxe no BOP o anuncio das bases específicas e convocatoria de bolsa de emprego para orientador/a laboral. Conforme ás bases reguladoras para procesos selectivos e configuración de bolsas de emprego do concello do Carballiño aprobadas por resolución da concellería delegada de Persoal con data 13 de marzo de 2017 convócanse os postos de traballo ofertados no anexo I que se achega a este anuncio e que son os seguintes:
Postos ofertados; denominación; duración estimada; xornada; taxas
Bolsa emprego; orientador/a laboral; segundo necesidades; 20 h/sem.; 16,20 €
O anexo aprobouse mediante resolución da concellería delegada de persoal con data 11 de outubro de 2017, xunto cunha redución do prazo de presentación de instancias pola urxencia dos procesos e que será de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (24/5/17). A presentación de solicitudes poderase facer no rexistro xeral do concello ou en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE 02/10/2015). As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse nun sobre aberto para que sexan seladas e datadas polo funcionario de correos antes de ser certificadas. E, de presentarse nun rexistro distinto do rexistro xeral municipal, será obrigatorio comunicar por fax ao concello a presentación da dita instancia, así como a xustificación, de ser o caso, do pago das taxas efectuado, e sempre dentro do prazo de presentación de solicitudes. No referente ás taxas e ás bonificacións relativas a estas ateranse ao disposto na Ordenanza reguladora de taxas por dereitos de exame do concello do Carballiño publicada no BOP n.º 283, do 12 de decembro de 2016. O resto da información pódese consultar no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal
www.carballino.gal

Se queres descarregar o anuncio do BOP co anexo abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver