Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BOLO OFERTA UN POSTO TEMPORAL

27 Feb 2019

Trátase dunha praza de operaria/o de servizos múltiples

O concello do Bolo fai públicas as bases de selección para a contratación laboral temporal, a xornada completa, dun/ha operaria/o de servizos múltiples.

O obxecto das bases é a regulación do procedemento de selección para contratar un/ha traballador/a coa categoría de operaria/o de servizos múltiples, dentro do Programa de Empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense. A natureza do contrato será laboral temporal ao abeiro da lexislación vixente, iniciándose a prestación desde a data da sinatura do contrato e por un período de nove meses. Os primeiros quince días serán o período de proba.

Se queres ollar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver