Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS OFERTA UNHA PRAZA PARA UN/HA MESTRE DE MUSICA

17 Nov 2018

É un contrato a tempo parcial

O concello do Barco de Valdeorras fai pública a convocatoria para a contratación laboral temporal, a tempo parcial (12 h/sem.), a través da modalidade contractual de servizo determinado, dun/dunha profesor/a de música, Especialidade Trompeta, para impartir clases no Conservatorio Municipal e na Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras.

Convocatoria para a contratación laboral temporal que seindica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante Resolución de Alcaldía con data 15 de novembro de 2018:

*Denominación do posto:
- Un/Unha profesor/a de música, especialidade trompeta, para impartir clases no Conservatorio Municipal e na Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras (12 horas/sem.), durante o período escolar 2018-2019, sendo a duración máxima do contrato ata o 15/09/2019, quedando rescindida nese momento a relación laboral co concellopara todos os efectos.

*Titulacións esixida:
- Posuír algunha das seguintes titulacións:
*Título de Profesor/a de Música (Plan 1966), Especialidade Trompeta.
*Título de Profesor/a Superior de Música (Plan 1966), Especialidade Trompeta.
*Título Superior de Música (Plan LOGSE ou LOE), na Especialidade de Trompeta.

*Obxecto:
- Impartición de clases de música, Especialidade Trompeta, no Conservatorio Municipal e na Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras, sendo a duración máxima do contrato ata o 15/09/2018, quedando rescindida nese momento a relación laboral con concello para todos os efectos.

*Documentación:
- As esixidas nas bases de convocatoria que estarán dispoñibles no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).

*Presentación de instancias:
- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
- As bases e o anuncio da convocatoria publicarase no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publica-las bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación das bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello

Volver