Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS OFERTA UNHA PRAZA DE TÉCNIC@ MEDIO

28 Mai 2018

Traballará a xornada completa

O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP a convocatoria para a contratación laboral temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a xornada completa, dun/dunha técnico/a medio para a realización de programas de servizos sociais durante o ano 2018. Convocatoria para a contratación laboral temporal segundo as bases aprobadas mediante resolución da alcaldía con data 21 de maio de 2018 para o posto de Técnico/a medio para a realización de programas de servizos sociais durante o ano 2018, a través da modalidade contractualde servizo determinado, a xornada completa, sendo a duración máxima do contrato ata o 31/12/2018, condicionando o contrato á subvención que se reciba da deputación de Ourense ao abeiro do programa provincial convocado de asistencia técnica, económica e xurídica ós concellos en materia de servizos sociais comunitarios para o exercicio 2018. Os requisitos esixidos (na data na que remate o prazo de presentación de instancias) son os esixidos no art. 4º das bases de convocatoria, sendo entre outros:
- Estar en posesión da titulación universitaria de diplomatura ou grao en Educación Social ou en Traballo Social, na data na que remate o prazo de presentación de instancias. No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.
- Estar en posesión do permiso de conducir clase B en vigor e ter dispoñibilidade de coche.
*Duración do contrato e documentación:
- O indicado nas bases de convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante sistema concurso-oposición,
dun/dunha técnico/a medio para a realización de programas de servizos sociais durante o ano 2018, que estarán dispoñibles no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello https://sede.concellodobarco.org
Presentación de instancias:
- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense”.
- As bases e o anuncio da convocatoria publicarase no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que aia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do  día seguinte ao da publicación das bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello

Volver