Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS OFERTA UNHA PRAZA DE MESTRE DE MÚSICA

04 Out 2017

É un contrato temporal a tempo parcial

O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP do 4 de outubro a convocatoria para a contratación laboral temporal, a tempo parcial, a través da modalidade contractual de interinidade, dun/dunha profesor/a de música, para impartir clases no Conservatorio Municipal e na Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras, como pianista acompañante, a tempo parcial (6 h/semana), sendo a duración do contrato ata que finalice a redución de xornada por coidado de fillos menores que está a gozar o titular da praza, quedando rescindida nese momento a relación laboral co concello para todos os efectos.

A titulación esixida é
- Posuír algunha das seguintes titulacións:
*Título de profesor/a de Música (Plan 1966), especialidade piano.
*Título de profesor/a superior de Música (Plan 1966), especialidade piano.
*Título superior de Música (Plan LOGSE ou LOE), na especialidade de piano.

O obxecto do contrato:
- Impartición de clases de música, como pianista acompañante, no Conservatorio Municipal e na Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras, sendo a duración do contrato ata que finalice a redución de xornada por coidado de fillos menores que está a gozar o titular da praza.

Documentación a aportar:
- A esixida nas bases de convocatoria que se entregarán na oficina de información do Concello, estando tamén dispoñibles no taboleiro de edictos electrónico e no portal de transparencia da sede electrónica do concello (https://sede.concellodobarco.org).

Presentación de instancias:
- No rexistro físico (de 09:00 a 14:00 horas dos días hábiles) ou no rexistro electrónico do Concello do Barco de Valdeorras (o primeiro atópase no edificio n.º 2 da praza do Concello da Vila do arco e o segundo na sede electrónica do Concello na páxina web da rede de internet á que se pode acceder na https://sede.concellodobarco. org durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. As solicitudes poderanse remitir tamén na forma determinada no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderán presentarse de acordo co previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo co que dispón a disposición derrogatoria única en relación coa disposición final 7ª da Lei 39/2015, do 1 de outubro. As bases e o anuncio da convocatoria publicarase no taboleiro de anuncios do concello (praza do Concello, n.º 1), no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello https://sede.concellodobarco.org ; no suposto de non ser posible publicar as bases no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que  saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no taboleiro de edictos electrónico do concello. O Barco de Valdeorras, 22 de setembro de 2017. O primeiro tenente de alcalde actuando como alcalde por delegación.

Volver