Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS OFERTA DÚAS PRAZAS DE AUXILIARES ADMINISTRATIV@S

28 Dec 2017

Son contratos laborais a tempo parcial

O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP do 28 de decembro a convocatoria para a contratación laboral temporal, a tempo parcial (20 h/sem.), a través da modalidade contractual de servizo determinado, de dous/dúas auxiliares administrativos/as para servizos municipais, sendo a duración do contrato ata o 15/11/2018. Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante resolución da alcaldía con data 22 de decembro de 2017: *Denominación do posto: Contratación laboral temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a tempo parcial (20 h/sem.), de dous/dúas auxiliares administrativos/as para servizos municipais, que prestarán o servizo polos diferentes departamentos municipais, en función de necesidades de servizo, desempeñando as funcións descritas no artigo 2 das bases de selección, sendo a duración do contrato ata o 15/11/2018, condicionando o contrato á subvención que se reciba da deputación de Ourense ó abeiro do Programa de Cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio 2018. *Titulación e requisitos esixidos: Os esixidos no artigo 4º das bases de convocatoria, referidos á data na que remata o prazo de solicitudes, sendo entre outros: Estar en posesión da titulación de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, titulación equivalente ou superior; no caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecelas. *Documentación: As esixidas nas bases de convocatoria que estarán dispoñibles no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org). *Presentación de instancias: Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (28/12/17). As bases e o anuncio da convocatoria publicarase no portal detransparencia e no taboleiro de  edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello.

Volver