Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS BUSCA DOCENTES PARA CURSOS AFD

26 Nov 2019

Impartirán as especialidades de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais e Instalación de Mobles.

O concello do Barco de Valdeorras fai públicas no BOP do 26 de novembro as convocatorias para a contratación laboral temporal, a tempo parcial (5 horas diarias) dun/dunha docente para a impartición das catro UC e do módulo de prácticas profesionais non laborais que forman parte do temario do curso do Plan AFD, correspondente a un certificado de profesionalidade de nivel 2, denominado Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais e outra convocatoria para a contratación laboral temporal, a tempo parcial (5 horas diarias) dun/dunha docente para a impartición das tres UC e do módulo de prácticas profesionais non laborais que forman parte do temario do curso do Plan AFD, correspondente a un certificado de profesionalidade de nivel 2, denominado Instalación de Mobles.

PODES OLLAR AS DÚAS CONVOCATORIAS ABRINDO OS PDF QUE ESTÁN DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver