Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO ABRE UNHA BOLSA DE TRABALLO

24 Out 2017

É pra auxiliares de biblioteca

O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP do martes 24 de outubro a convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo, para posibles coberturas temporais, para a categoría de auxiliar de biblioteca, destinado a prestar servizo na Biblioteca Municipal, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2019.  Convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante resolución de alcaldía con data 19 de outubro de 2017:

*Denominación da categoría da bolsa de traballo:

- Auxiliar de biblioteca destinado a prestar servizo na Biblioteca Municipal do Barco de Valdeorras.

*Obxecto:

- Formación de bolsa de traballo para posibles coberturas temporais, para a categoría de auxiliar de biblioteca, destinado a prestar servizo na Biblioteca Municipal, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2019 e as funcións que realizará as descritas no art. 1º das bases de convocatoria.

*Titulación e requisitos esixidos:

Os esixidos no art. 3º das bases de convocatoria, sendo entre outros:

- Estar en posesión da titulación de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, titulación equivalente ou superior; no suposto de equivalencias ou homologacións deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

 

*Documentación:

-As esixidas nas bases de convocatoria que se entregarán na Oficina de Información do Concello, estando tamén dispoñibles no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).

*Presentación de instancias:

- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense”.

- As bases e o anuncio da convocatoria publicaranse no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saiapublicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello.

Volver