Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA OFERTA 5 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

23 Mai 2018

Formarán a brigada antiincendios forestais

O concello de Xunqueira de Ambía fai público no BOP do 23 de maio a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e extinción de incendios 2018, (Convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural e do Mar). Trátase dos postos de xef@ de brigada, pión condutor e 3 pións. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato será de 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais. O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación no BOP.

Volver