Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA BUSCA UN/HA PROFESOR/A

18 Set 2019

Encargarase da aula de espera

O concello de Xunqueira de Ambía fai pública no BOP do 18 de setembro a  convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 13/09/2019:

1.- Número e denominación das prazas: 1 profesora para encargarse dos alumnos da aula de espera do concello de Xunqueira de Ambía.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, de luns a venres, de 8.00 h a 9.30 h da mañá e de 15.00 h a 16.00 h da tarde.

3.- Duración do contrato: duración do curso escolar.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións totais: 400,00 €/mes (incluída pppe). No caso de que só houbese nenos de 8.30 a 9.30 h, serían 300,00 €/mes

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello

 

Volver