Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE XINZO DE LIMIA OFERTA UNHA PRAZA DE OFICIAL PRA BRIGADA DE MEDIO AMBIENTE

10 Mar 2018

É un contrato de interinidade

O concello de Xinzo de Limia fai público no xornal "La Región" do 10 de marzo o anuncio de oferta de contratación dun/ha oficial de primeira para a brigada de medioambiente. Trátase dun contrato de laboral de interinidade a tempo completo, a fin de cubrir baixa por incapacidade temporal do traballador que ocupaba o posto.

É unha praza de grupo IV e nível 13, para persoal laboral temporal con xornada completa (37,5 horas semanais). A duración do contrato rematará no momento da reincorporación do titular da praza, e as funcións a desenrolar son as de conducción de tractor/desbrozadora para tarefas preventivas de incendios (desbroces e limpeza de matos en camiños e áreas forestais, pistas de concentración, accesos e entornos á vila e ós seus pobos), etc

Os requisitos imprescindíbeis son:

- Ter nacionalidade española ou europea, ser cónxuxe de español/a ou europeo, ou ser extranxeiro con residencia legal no territorio español.

- Posuir capacidade funcional para o desempeño do posto, e acreditalo con certificación médica

- Ter máis de 16 anos e non exceder (no seu caso) da idade de xubilación forzosa

- Non ter sido separado por expte das Administracións Públicas, órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cárregos públicos por decisión xudicial

- Posuír a titulación da ESO ou equivalente, carné de manipulador de produtos fitosanitarios, e carné de conducir tipo B

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles

 

Volver