Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO OFERTA 8 PRAZAS

08 Xun 2017

Son pra formar as brigadas antiincendios forestais

Mediante resolución da alcaldía de data 5 de xuño de 2017, acordouse convocar e aprobar as bases reguladoras para as contratacións do persoal laboral temporal seguintes:

1 xef@ de brigada, 1 pión condutor/a e 3 pións forestais, para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, e 3 condutor@s motobomba con contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa. Todos contan cunha duración de 3 meses. O sistema de selección é por concurso, e concurso oposición para as prazas de condutor@s motobomba, sendo o prazo de presentación de instancias de 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación no BOP, debendo presentarse no rexistro do concello de Vilariño ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras. Podes descarregar as bases abrindo os pdf que están debaixo da fotografía.

Volver