Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO PRECISA PERSOAL DE ATENCIÓN Á INFANCIA

30 Xul 2019

Oferta un posto no servizo PAI

O concello de Vilariño de Conso publica no BOP do 30 de xullo por decreto de alcaldía, con data 23 de xullo de 2019, a aprobación da convocatoria e as bases reguladoras para a selección de persoal laboral temporal no concello, que segue:
1.-Número de prazas: 1
2.- Denominación: persoal de atención á infancia.
3.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado, curso escolar 2019/2020.
4.- Xornada: completa, de luns a venres, en horario de 8:30 a 16:00 horas.
5.- Servizo: PAI do Concello.
6.- Sistema de selección: concurso-oposición.
7.- Duración do contrato: ata a fin do curso escolar 2019-2020.
8.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do Concello en horario de 8:30 a 14:30 horas, ou outras formas previstas nas bases reguladoras.

Volver