O CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL
Trátase dun posto de persoal de atención á infancia
O concello de Vilariño de Conso fai público no BOP do 30 de agosto por decreto da alcaldía con data 24 de agosto de 2018, a aprobación da convocatoria e as bases reguladoras para a selección de persoal laboral temporal no concello de Vilariño de Conso, seguinte:
1.-Número de prazas: 1.
2.- Denominación: persoal de atención á infancia.
3.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
4.- Xornada: completa, de luns a venres, en horario de 8.30 a 16.00 horas.
5.- Servizo: PAI do concello.
6.- Sistema de selección: concurso-oposición.
7.- Duración do contrato: ata a fin do curso escolar 2018- 2019.
8.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 8.30 a 14.30 horas, ou outras formas previstas nas bases reguladoras.
9.- O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal www.vilarinodeconso.es