Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO BUSCA TRES PIÓNS DE SERVIZOS VARIOS

14 Feb 2019

O concello de Vilariño de Conso fai público no BOP do 14 de febreiro, mediante resolución de alcaldía con data 8 de febreiro de 2019, o acordo de convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal que se indica:
a) Número e denominación das prazas: 3 peóns de servizos varios.
b) Modalidade da contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.
c) Duración do contrato: 3 meses.
d) Sistema de selección: concurso- oposición.
e) Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Vilariño ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras.
f) O texto completo das bases reguladoras publicarase no taboleiro de anuncios do concello e páxina web www.vilarinodeconso.es
g) As contratacións están financiadas a través do Programa de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio de 2019 da deputación provincial de Ourense.

Volver