Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILARDEVOS OFERTA DEZ POSTOS DE TRABALLO

17 Xun 2017

Son prazas temporais para crear a brigada antiincendios forestais

A alcaldía do concello de Vilardevós, por resolución de data 12 de xuño de 2017, aprobou as bases de selección para a contratación laboral temporal, a xornada completa, de dúas brigadas de cinco traballadores/as, cada unha delas para a prevención e defensa contra incendios forestais do concello Vilardevós para a execución do convenio de colaboración subscrito entre a consellería de Medio Rural e o concello de Vilardevós, na data do 4 de xullo de 2016, que din literalmente: "Bases de selección para a contratación laboral temporal, a xornada completa, de dúas brigadas de cinco traballadores/as, cada unha delas, para a prevención e defensa contra incendios forestais do Concello Vilardevós para a execución do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a Entidade Local de Vilardevós para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, na data 4 de xullo de 2016.

Se queres descargar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver