Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
bases auxiliar axuda no fogar vilardevos
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILARDEVÓS OFERTA 4 PRAZAS PARA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

17 Feb 2016

Convocadas catro prazas de Auxiliares de Axuda no Fogar

O concello de Vilardevós fai pública, no día de hoxe, no BOP, unha oferta de emprego de 4 prazas laborais temporais na categoría de Auxiliares de Axuda no Fogar. A convocatoria conta tamén cunha bolsa de contratación entre as persoas aspirantes que non resulten seleccionadas.

As funcións serán as de prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.

Trátase de contratacións por obra ou servizo determinado cunha duración de seis meses. @s candidat@s deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Vilardevós durante o prazo de 3 días hábiles a partir do día 17 de febreiro, achegando á instancia os méritos que se aleguen, xunto cos documentos acreditativos destes e o currículum vitae.

Poderanse consultar as bases para a contratación no taboleiro de anuncios do Concello de Vilardevós, teléfono 988 417 700 en horario de 09.00 a 14.00 horas, durante o prazo de presentación de instancias.

 

Volver